miércoles, 13 de marzo de 2013

ANA CIBEIRA tamen estara con nos


Nace en Caracas en 1977 y crece en Santiago de Compostela, ciudad donde se licencia en Filología Hispánica y reside hasta el 2002, cuando se muda a Madrid para estudiar Imagen Digital y Edición de Libros. Trabajó como colaboradora editorial, redactora, y actualmente es profesora.
Como poeta se da a conocer a través de zines e revistas como PolpA, Nada es verdad, Dorna y Andaina bajo el pseudónimo de Nana Coromoto. Desde el 2002 muestra asiduamente su creación literaria en publicaciones periódicas y proyectos virtuales como Agora ou Nunca, Andar21, Biblioteca Virtual Galega, Contos Ínfimos, el Espasmo de las Redes Escarlatas, Hiperferia (NY), Incomunidade (Portugal) y Mujer Palabra (Madrid).
Su trabajo recurre a la palabra y a la imagen para ofrecer resistencia y placer, e así en el 2003 comienza a exponer y a proyectar creaciones interdisciplinares en la red, primero como equipo principal (con belinda sobrado) consiguiendo el Premio de Honor del I Certamen de Arte Digital Publiart Ourense, y actualmente de forma individual en Manzanazeta.com, Exhaustfan.org, Andar21.net... y en distintos festivales y muestras de arte como la “Xuntanza de Novos Creadores” en Gandarío, A Coruña; la exposición de arte experimental MAD’03, Madrid; la muestra feminista FemArt05, Barcelona; el mítico festival Ladyfest en su primera edición española, Madrid; y las pioneras “Xornadas de Novas Linguaxes Poéticas: Translittera” entre Noviembre y Diciembre del 2005 en varias ciudades gallegas. Su obra visual y textual está recogida en los catálogos colectivos de estos eventos.
UN COLLAGE DE ANA CIBEIRA QUE NOS ASOMA A SU FACETA DE ARTISTA, (esta sacado de BEGOÑA REGUEIRO SALGADO)
DEBORAH

Hipnotizada escrebe
a marea que fuxe
tras semellante anxo.
 
Voz de afogada
en horizontal pura
diamando sen identificar
o prezo da escuridade.
 
Froitaberta que leva
novembro en coitelos
branco deserto
sangue tacóns brillar.
 
Colares de estranxeira
aterrando o pánico
atada solo resta
o desexo invisible.
 
Salpicar desaborida
baixo a influenza
o vestido azul
escamal casa
 
Lingua máxica
montañiñas e blonda
retumbando burbullas
raras flores salvaxes.
 
Por campos ardentes
da memoria soave
resgar as teas
palpitando queimas.

Vendetta

Eu son un anxo da vinganza entrenándose

sempre.
Un
dous
tres...
decálogo da confianza
da fe cega nun futuro inexistente sen chegar ao dez.
Cando lle digo bótame un pulso ou adiviño o seu secreto para a forza estou máis
preto de Travis Bickle,
Despentes,
son a máis pequena das bonecas rusas desta torre...

de poder escrever
sen pensar niso.

Albada transparente

Non vou escrever

Non vou espremer nengunha ideia
Menos mal que están os carteiros
os do lixo
os estancos abertos
os almorzos para a xente que vai limpa xa
e o odioso bos días da farmaceutica tamén.
Menos mal estas costas,
nas que súo
as bágoas
así non teño que pensar en nada porque non choro.

Por qué me anoxo?
Cecais é só este fin de festa
este non erguerse
este non-almorzo
á mañá despois
na que os paxaros son amigos porque están vivos
e seguirán o meu camiño ata a casa
de volta
qué casa
a outra 
a que deixo
e queimo
a que era o amor- o día - beleza - o salvaxe.
Isa casa.
A miña.
Que xa non teño.


E os paxaros prúen co seu piar mencendo
e onte pensei en esquecerte antes que o galo cantase
pero me apertei a ti diminuta
como se foses dez anos máis.
Así abrin a boca
caeu unha baba
bágoa de desexo contido
unha pinga salgada e transparente
(proba) na escena do crime.

No hay comentarios:

Publicar un comentario