miércoles, 13 de marzo de 2013

Xiana Arias



QUEN foi a primeira en chorar?
A primeira en cortar a lingua?

Os gatos escapan,
perdemos o avión.

O autobús pasa cada vinte minutos.

Soubémolo polos ollos.

O verdadeiro teatro.
O que hai despois de comprender
e non transformar.

Soubémolo polas mans.




No conciliadas.
Nos reconocemos en el dolor:
No fue fácil ir a las fiestas.
Al volver pasábamos días
y noches enteras atadas
a las patas de las camas.
No éramos lobas pero
teníamos hambre.
Nos reconocemos en la rabia:
El cuarto oscuro, en silencio,
en una esquina la niña se tira del pelo
y grita tanto…
Nos reconocemos en la música:
Este es el ruido de pelar una patata.
No es más que eso. Es el ruido de
pelar una patata.
Junto al ritmo del corazón acelerado.
Nos reconocemos en la duda:
Cuanto aguantará la mano
en la olla de agua hirviendo?
Cuanto tardaré en decir
lo que quieran que diga?
Las no conciliadas entendemos
De torturas, inviernos y metales.
De bocas non pañuelos mojados.
Del tendido eléctrico.
De los besos que duelen.
De todo este humo.
De aquel amor.
De toda esta tontería.
Que los pillos decían “yo quiero moler”
Y parecía que
Había que abrir el molino a cualquier hora.
Pero aprendemos a meterles los dedos en los ojos.
Unas atrás de otras empezamos a ARDER.
****
Non conciliadas.
Recoñecémonos na dor:
Non foi fácil ir ás festas.
Á volta pasabamos días
e noites enteiras atadas
as patas das camas.
Non eramos lobas
pero tiñamos fame.
Recoñecémonos na rabia:
O cuarto escuro, en silencio,
nunha esquina a nena tira do pelo
e berra tanto…
Recoñecémonos na música:
Este é o ruído de pelar unha pataca.
Non é máis. É o ruído de
pelar unha pataca.
Xunto ao ritmo do corazón acelerado.
Recoñecémonos na dúbida:
Canto aguantará a man
na pota de auga fervendo?
Canto tardarei en dicir
o que queiran que diga?
As non conciliadas entendemos
de torturas, invernos e metais.
De bocas con panos mollados.
Do tendido eléctrico.
Dos bicos que doen.
De todo este fume.
Daquel amor.
De toda esa leria.
Que os pillos dicían “eu quero moer”
e parecía que
había que abrir o muíño a calquera hora.
Pero aprendemos a meterlles os dedos nos ollos.
Unhas atrás doutras comezamos a ARDER.

No hay comentarios:

Publicar un comentario